A Igrexa dos Pais Claretianos acolle o concerto da Coral Cortegada dentro do ciclo “Voces para un centenario”
A Coral Cortegada será a seguinte en actuar no marco do ciclo de música coral “Voces para un Centenario” organizado pola Concellería de Cultura para conmemorar os cen anos do Concello de Vilagarcía de Arousa. A actuación será mañá domingo, 3 de novembro, na Igrexa da Inmaculada Concepción dos Pais Claretianos (Praza da Constitución) e comezará ás 20:45 horas. Como sempre, a entrada é libre e de balde.
Juan Carlos Porto Bouza dirixe a Coral Polifónica Cortegada, composta na actualidade por trinta e cinco voces . Para o concerto do domingo, a agrupación preparou un programa de estilos moi variados entre os que teñen cabida tanto grandes clásicos, como temas populares e ata música melódica.
Programa
MARIÑEIRO – R. Groba
SI TE QUIERO – Mario Benedetti / A. Fabero.
EL CAÑAVERAL – Anónimo Perú.
MAITE – P. Sorozabal.
LA SIRENA – Rey Rivero.
MI ESTRELLA – Josly
VELAI VAI – Anónimo.
VOLAVER – Gadel / Le Pera.
BOGA BOGA – V. Arus.
TORREVIEJA – R. La Fuente Aguado.
O MENIÑO MARIÑEIRO – Rey Rivero.
ESTÁ NEVANDO – Gregorio Fernández.
O VOSO GALO – M. Grova.
NA PORTA – Rey Rivero.
POLKA DE NAVIDAD – Walter – Rodsy – Ascap.
VA PENSIERO – Verdi.
POUTPOURRI BOLEROS – autores varios
A Coral Polifónica Cortegada fundouse ó 24 de Febreiro de 1992 en Vilagarcía de Arousa.
Comezou con quince integrantes que procedían doutros coros da parroquia, dedicándose nun principio a actos relixiosos, misas dominicais por toda a comarca. Nos seus inicios tamén cabe salientar a participación en diversas actuacións na TVG.
Logo do ano 1994 comeza unha nova etapa cun concerto extraordinario na Casa de Cultura de Vilagarcía, este evento foi definitivo para consolidar un novo estilo musical ampliando o seu repertorio á musica coral e tradicional galega e doutras comunidades e países, interpretando clásicos e cancións populares, así como zarzuela, ópera e temas de bandas sonoras de cine, etc.
Dende entón, a coral logra facerse cun espazo no circuíto coral da comarca e zonas de influencia.
Conta con participacións no Festival de Panxoliñas que se celebra todos os anos en Vigo organizado por Novagalicia Banco, actuacións en Asturias, Portugal e outras cidades. Tamén son de salientar as diversas colaboracións con outras corais e eventos.











