A humanización da rúa Isabel II conta cunha novidosa pavimentación de cor

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

As obras de mellora da rúa Isabel II, próxima ao teatro Fraga, xa comezaron cun proxecto que prevé renovar 75 metros de rúa e 350 metros de tuberías de saneamento e abstecemento. Trátase, dixo o rexedor logo da visita, dunha humanización dunha zona que estaba “en condicións lamentables” na que se va a aunar a estética con funcionalidade. A pavimentación vai ser de cor para “darlle vida á rúa”. O remate destes traballos está previsto para antes de fin de ano.

Durante a rolda de prensa, o rexedor deu conta de 16 millóns de euros para humanizacións, con traballos que xa están en marcha na propia rúa Isabel II, Nicaragua, Menéndez Pelayo, Canceleiro (entre Areal e Rosalía), Aragón, Areal (entre Canceleiro e República Argentina), Camelias , Martínez Garrido , Boán , San Roque, Travesía dos Rosais (Teis), entorno da igrexa de Zamáns e Praza de Bouzas (Paseo Paz Andrade).

A esta “oleada” de humanizacións, hai que sumar outras previstas, Tomás Alonso (arranca o martes), Brasil (nova fase en 2014), Jenaro de la Fuente (final de ano), Ferreiros, Bouzas, Hispanidad (Gran Vía- Zamora), Álvaro Cunqueiro, Segunda República, Casco Vello, Rosalía de Castro, Panamá, Hispanidad (Gran Vía- Zamora), novo acceso ao barrio de Navia desde a VG-20, Coutadas-Teis, Doctor Canoa, Baixada Mestre Chane, Moaña, Avda. Castrelos (entre Portanet e tanatorio). Ademais, engadiu, hai máis actuacións en todas as parroquias Alcabre, Beade, Bembrive, Cabral, Candeán, Castrelos, Comesaña, Coruxo, Freixeiro, Lavadores, Matamá, Navia, Oia, Saiáns, Sárdoma, Teis, Valadares e Zamáns.

21 de novembro de 2013 | 17:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.