A hostalería e turismo de Nigrán aprenden idiomas nun curso de inglés
O Concello de Nigrán, a través da OMIX, oferta 15 prazas para un curso de inglés orientado á hostalaría e ao turismo, dirixido a mozos de entre 18 e 35 anos empadroados en Nigrán, preferentemente en situación de desemprego. O curso, cunha duración de 60 horas, impartirase entre o 28 de novembro e o 18 de decembro, de luns a venres, de 16.30 a 20.30 horas, de luns a venres.
Para máis información e inscricións contactar co Centro de Información á Muller, na Estrada pola Vía número 65, no teléfono 986 383 081 ou a través do correo electrónico cim@nigran.org.











