A guía Proensa lista 16 viños da D.O. Ribeiro valorados con máis de 90 puntos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseRibadavia
A-
A+

A duodécima edición da Guía Proensa 2014, recentemente publicada, valora con 90 puntos ou máis a 16 viños da Denominación de Orixe Ribeiro. Dende a edición do ano pasado, a publicación modificou os criterios de selección dos viños, incluíndo só os viños que alcancen ou superen os 90 puntos debido ao aumento de calidade nos viños (non a partir de 80 puntos como se levaba facendo as 10 primeiras edicións).

Na guía, pódese ler dos viños da D.O. Ribeiro, tintos ou brancos, que “están consolidados nun nivel de calidade admirable, moi superior ao da maior parte das zonas”, así como tamén se resalta que “as variedades autóctonas, os coidados nas elaboracións e o aspecto coa óptima mestura de uvas coa que os adegueiros poñen a súa sinatura nos viños, son os factores que explican a boa saúde dos Ribeiros de calidade”. Pola súa banda, valoran positivamente os tintos “é xusto destacar a progresión que están experimentando”.

Listado de adegas e viños incluídos na Guía:

Antonio Cajide Gulín

*2012 / 1040 Sameirás / 91 / B
*2012 / Viña do Avó / 90 / B

Coto de Gomariz

*2012 / Coto de Gomariz / 91 / B
*2012 / Ailalá / 91 / B
*2012 / The Flower and the Bee Treixadura / 91 / B
*2011 / Salvaxe / 91 / B     
*2010 / Coto de Gomariz Colleita Selecc. / 93 / B

Eduardo Peña

*2012 / Eduardo Peña / 93 / B
*2012 / María Andrea/ 91 / B

Casal de Armán

*2012 / Casal de Armán / 92 / B
*2012 / Finca Viñoa / 92 / B
*2011 / Armán Finca Misenhora / 95 / B

Produccións A Modiño

*2012 / Sanclodio / 93 / B

Viña Mein

*2012 / Viña Mein / 91 / B
*2011 / Viña Mein Barrica / 95 / B

Viña Costeira

*2012 / Colección Costeira Treixadura / 92 / B

29 de novembro de 2013 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.