publicidade hoxe

A Galería Mulleres de Muxía dedica o mes de decembro á Nobel de Literatura Doris Lessing

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuxía
A-
A+

O Concello de Muxía dedica a súa Galería Mulleres do mes de decembro á Nobel de Literatura Doris Lessing, recentemente falecida.

Na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía pódense atopar:

DORIS LESSING.”EL CUADERNO DORADO” – EDITORIAL NOGUER

DORIS LESSING” INSTRUCCIONES PARA UN DESCENSO AL INFIERNO”  – Editorial VERGARA

DORIS LESSING “DENTRO DE MÍ “(autobiografía) 

Doris Lessing

Kermanshah, Irán, 1919-Londres, 2013. Escritora .Premio Nobel de Literatura, no ano 2007

Muller firmemente comprometida cos problemas de seu tempo, expresou sempre  abertamente as súas conviccións políticas de esquerda. En 1962 publica unha das súas grandes obras “O caderno dourado”,  novela de referencia para o movemento feminista, que pasou a ser considerado un fito na liteartura do século XX.

Lessing comprometeuse  cos problemas da educación en Rodesia, coa loita contra o racismo, contra o colonialismo e contra a inxustiza. A súa obra é creada para contribuír a cambiar o mundo, para denunciar a violencia, o racismo, a discriminación ou a marxinación. As mulleres, teñen un papel relevante na súa narrativa, unha escrita que se pon da parte das “outras” para darlles protagonismo. 

“Canta a herba” , “Instrucións para un descenso ao inferno”, “Memorias dunha supervivente”, “A boa terrorista”, “As aboas”, “Dentro de min” e “O vento levarase as nosas palabras” son algúns dos seus títulos máis recoñecidos. 

A busca da liberdade foi sempre a idea básica na imprescindible obra de Doris Lessing.

29 de novembro de 2013 | 13:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.