A Fundación Celta pon en marcha a campaña de recollida de xoguetes e alimentos ‘Celeste solidario’

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ► Vigo ▼
A-
A+

A Fundación Celta de Vigo organiza, como cada Nadal, a campaña de recollida de xoguetes e alimentos “Celeste solidario”, que este ano terá como destinatarias ás organizacións “A man que axuda”, “Cáritas” e “Ás 5.

O principal obxectivo desta campaña é o de mobilizar o celtismo para que achegue o seu granito de area na axuda a aqueles que máis o necesitan. Este ano a recollida de xoguetes e alimentos terá lugar antes do comezo dos próximos partidos que xogará o Real Club Celta en Balaídos, en concreto ante Almería, do 30 de novembro, Athletic Club de Bilbao, o 7 de decembro, e Osasuna, o 22 de decembro.

As doazóns daqueles que desexen colaborar con “Celeste solidario” pódense realizar dende 3 horas antes e ata o inicio dos mencionados partidos no local da Agrupación de Antigos Xogadores, nos baixos do Estadio de Balaídos, onde un grupo de voluntarios recollerán os xoguetes e alimentos achegados, que serán almacenados e repartido entre as asociacións coas que este ano colabora a Fundación Celta de Vigo.

14 de novembro de 2013 | 17:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.