A Fundación Azkar apoia á Asociación Síndrome de Down Lugo no manifesto polo deporte inclusivo
O pasado sábado coincidindo cun partido do primeiro equipo do Azkar Lugo FS, a Fundación Azkar colaborou coa Asociación Síndrome de Down Lugo para promocionar e dar a coñecer á mesma. Así a asociación colocou un stand informativo para o público asistente ao evento deportivo e no que ademais se poñían á venda produtos desta entidade para colaborar coa mesma.
Membros de Síndrome de Down Lugo acudiron ao partido onde apoiaron ao equipo da súa cidade e onde gozaron dun partido de 1ª división do fútbol sala español.
Ademais no descanso do encontro, aproveitouse o mesmo para ler o “Manifesto polo deporte inclusivo” para dar a coñecelo ao público asistente e así concienciar á sociedade sobre a necesidade da inclusión de todos os colectivos no deporte. Este manifesto foi lido por membros da Asociación e na lectura do mesmo tamén participou o Xerente da Fundación Azkar, Iván Pico.
MANIFESTO POLO DEPORTE INCLUSIVO
– Ningún neno ou nena con discapacidad debe quedar sen acceso á educación física.
– Os colexios dispoñerán de profesores e instalacións para o ensino e práctica do deporte a alumnos con e sen discapacidad.
– As cidades dispoñerán de instalacións deportivas adaptadas e accesibles para a práctica conxunta do deporte.
– As federacións deportivas adaptarán os seus reglamentos para regular e permitir a práctica inclusiva do deporte.
– Os nenos con discapacidad poderán mellorar a súa saúde e condición física, ademais da súa calidade de vida e integración social a través do deporte.
– A práctica conxunta de deporte estará presente nos medios de comunicación social.
– As administracións Públicas incluirán na axenda política o “Deporte inclusivo”.
– Crearanse competicións inclusivas periódicas en todas as categorías, empezando desde infantís.
– Se promoverá que o Parlamento español desenvolva iniciativas que permitan que se xeneralice a integración social das persoas con discapacidad tamén ao ámbito do deporte e a actividade física.
– Todas as persoas con discapacidad teñen dereito a educación física, a práctica deportiva, a saúde, o benestar físico e mental, a integración, o lecer e as posibilidades profesionais que ofrece o deporte.











