publicidade hoxe

A formación de efectivos de seguridade en adestramento de cans promoverase dende Culleredo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

O goberno de Culleredo promoverá a formación das forzas de seguridade en adestramento canino. Axentes da Policía Local e efectivos de Protección Civil acudirán ao curso que se desenvolverá os próximos 7 e 8 de decembro no Complexo Canino Noroeste, situado en Tarrío. O Concello de Culleredo colabora con esta acción formativa que ten por obxecto a ensino de técnicas de instrución canina. Estará impartida polo experto Nacho Sierra, moi coñecido ademais pola súa participación en diversos programas de televisión.

O primeiro tenente de alcalde e responsable de Seguridade Cidadá, José Ramón Rioboo, apostou por promover esta formación entre os efectivos locais dada o importante papel que poden ter os cans na atención ao cidadán. Así mesmo, o adestramento canino resulta de moita utilidade, apunta, nas intervencións de recollida ou traslado de cans abandonados.

O seminario está ademais aberto á participación de persoas interesadas no adestramento canino, que poden acudir con ou sen can. O prazo de inscrición finalizaba o venres 29, pero o Complexo Canino Noroeste decidiu amplialo uns días máis. O horario das sesións comprenderá o sábado 7 de 9.30 a 13.30 horas e de 16.30 a 19.30 horas. O domingo 8 será de 9.30 a 13.30.

Á súa conclusión, os participantes recibirán un diploma acreditativo da súa asistencia. Os interesados en inscribirse poden chamar ao 647 455 649.

27 de novembro de 2013 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.