A financiación provincial permitirá realizar obras de mellora de pavimentación e saneamento nas parroquias tudenses
O Concello de Tui ten promovido gracias ao Plan de Investimentos da Deputación Provincial de Pontevedra (PID 2012), entre outras, diversas actuacións en materia de mellora de pavimentacións en diversas parroquias do municipio tudense de cara a unha mellor seguridade vial e ao incremento da calidade de vidas dos habitantes nestes ámbitos rurais. O investimento ata agora xa realizado e culminado acada os 123.700, 34 euros.











