A Festa do Viño Novo de Cabanelas superou as expectativas con máis de 650 asistentes

Asistentes á Festa do Viño de Cabanelas
A parroquia carballiñesa de Cabanelas foi, un ano máis, e xa van 16, o centro de atracción durante o fin de semana, coa celebración dunha nova edición da Festa do Viño Novo. Nesta edición máis de 650 persoas asistiron a esta festa que tiña como principal protagonista ao viño, elaborado polos bodegueros desta zona do ribeiro carballiñés. Desde primeira hora da mañá xa se podía ver o movemento polas rúas de Cabanelas, de veciños e visitantes que aproveitaron para coñecer onde nace este viño tan característico e de forte personalidade. Ata dous autobuses procedentes de Vigo desembarcaron nas estreitas rúas desta parroquia para que os seus viaxeiros puidesen probar en viño deste ano.
A partir do medio día o campo da festa cobrou protagonismo, coas degustaciones de viño e castañas, preparándose para a comida, que se celebrou nese mesmo marco e que contou coa presenza das autoridades locais que tampouco este ano quixeron perderse esta festa.
Pola tarde, para os que non puideron asistir á xornada matinal, repetiuse a degustación do viño deste ano, e para que os que xa o probaron comprar algunhas botellas para poder degustarlo nas súas casas.











