publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra pon en marcha o Programa INCYDE na Cañiza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaPontevedra
A-
A+

O pasado 18 de novembro inaugurouse este programa de 8 semanas de duración que se impartirá na Casa de Cultura da Cañiza e no que participarán entre 20 e 25 veciños. Ademáis das sesións de formación conxunta, que se desenvolverán todos os luns pola tarde, haberá tutorías individuais para todos os que o soliciten en horario a convir. O curso é totalmente gratuito.

Os destinatarios do programa son entre 20 e 25 emprendedores/as, que conten cunha idea de negocio e desexen realizar un proxecto viable de creación de empresa para a súa posterior posta en marcha ou empresarios/as que queiran consolidar o seu negocio, mellorar a rendibilidade da súa empresa ou avaliar outras alternativas de expansión.

O obxectivo fundamental do curso é proporcionar unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa para poder determinar oportunidades de mercado e desenvolver o Plan de Empresa / Plan de Mellora, sempre coa axuda das ferramentas de xestión para favorecer a súa posta en marcha.

Con este programa facilítase a elaboración dun Proxecto de Empresa / Plan de Mellora desenvolvido e completo que pode utilizarse polo promotor non só como guía de referencia para a posta en marcha e/ou consolidación do seu negocio, senón que pode servirlle ademais como medio de argumentación da súa viabilidade ante entidades públicas e financeiras.

19 de novembro de 2013 | 16:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.