A Coruña súmase á Semana Europea da prevención de residuos coa campaña “Coru…ñam!”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Medio que dirixe Enrique Salvador, informa de que se suma á Semana Europea da prevención de residuos coa campaña Coru…ñam! que se desenvolverá ata o 24 de novembro coa colaboración da Asociación Provincial de Hostalaría da Coruña, que preside Héctor Cañete.

A iniciativa, que é pioneira en Galicia, ten como obxectivo contribuír ao aproveitamento dos alimentos e evitar convertelos en desperdicios. Deste modo, a campaña chegará a unha vintena de restaurantes coruñeses que lucirán un distintivo da acción e informarán os seus clientes da posibilidade de levarse os seus restos á casa, para o que se lles facilitará 3.000 friameiras e bolsas reutilizables para o seu traslado.

A Semana Europea da Prevención de residuos é un proxecto apoiado polo Programa LIFE¬¬+ da Comisión Europea co obxectivo de aumentar a concienciación sobre a prevención na xeración de residuos. Ao final da semana obterase un rexistro da cantidade de usuarios participantes e dos residuos evitados, datos que serán remitidos á plataforma de xestión europea para completar os que se realizasen no resto de proxectos que se leven a cabo en todo o continente.

17 de novembro de 2013 | 12:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.