A Coruña contará cun novo todoterreno que actuará como vehículo auxiliar do SEIS

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Novo todoterreno SEIS

Novo todoterreno SEIS

O tenente de alcalde de Seguridade, Julio Flores, presentou esta mañá a un novo vehículo todoterreno con bomba de alta presión e depósito de 500 litros, que pasará a formar parte da flota do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento (SEIS). “Os bombeiros contarán cun vehículo versátil para acudir a intervencións menores, pero que adoitan ser frecuentes como rescate de persoas atrapadas en ascensores, retirada de letreros, andamios e farolas, ou atender lumes de pequenas dimensións”, destacou.

O vehículo foi adxudicado mediante un concurso público en 119.790 euros e enmárcase dentro do importante investimento de 2,6 millóns de euros levada a cabo polo Goberno municipal en 2012 e 2013, para mellorar as instalacións e o equipamiento do Parque de Bombeiros. “melloramos e ampliado o edificio, así como o equipamiento necesario para que os bombeiros poidan traballar nas mellores condicións”, indicou Flores e continuou: “Agora estamos abordando a nova cochera avanzada e as obras que nos van a permitir unha saída directa cara á rotonda de Eduardo Diz, para mellorar os tempos de resposta, que estarán rematadas antes de finalizar este ano. Tamén se ha licitado un novo vehículo autobomba e outro para rescate en altura, ao obxecto de renovar parte da flota de vehículos”.

12 de novembro de 2013 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.