A Coral Alento Xove ofrece un concerto de música popular na igrexa de Cornazo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O ciclo de concertos “Voces para un Centenario” chega esta fin de semana á parroquia de Cornazo. A igrexa de San Pedro acollerá a actuación da Coral Alento Xoven de Carril que, para a ocasión, preparou un programa composto por música popular de diferentes estilos. A actuación será o domingo, 17 de novembro, ás 19:00 horas. Este é un máis dos concertos corais programados pola Concellería de Cultura para conmemorar o Centenario e que está percorrendo todas as parroquias do municipio dende principios de outubro.

A Coral “Alento Xoven” formouse en Carril (Vilagarcía de Arousa) no ano 1976 por D. Juan Vidal Lemiña, que foi o seu primeiro director ata o seu mento no ano 1993. Dende 1995 esta dirixida por Dna. Mercedes Tilve, que ampliou o repertorio da Coral, facendo que as actuacións sexan máis variadas, dende actos relixiosos a certames e concertos populares. O día de hoxe a Coral esta composta por 25 persoas, repartidas en varios cadros de voces.

O grupo colabora habitualmente co concello de Vilagarcía de Arousa, actuando nas distintas festas do mesmo. Tamén conta cun convenio coa Deputación de Pontevedra e participa nos circuítos culturais da Xunta de Galicia.

Programa

BULLERENGUE- José Antonio Rincón
CAMINO DEL INDIO- F. Cabedo.
MARINERO- M. Tilve.
EL CÓNDOR PASA- Popular Andina.
O PELOURO
EN MI DORNA DE AMOR- C. Wagner,
SAMBA LELÉ- J. Kleeb.
LAMENTO DUN MARIÑEIRO- J.M. González.
LONXE- J. Vidal.

16 de novembro de 2013 | 11:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.