A compañía Tremoia Teatro trae a obra “Os Impresentables” á Casa da Cultura de Neda
A Casa da Cultura de Neda acollerá este venres, 15 de novembro, a representación teatral da obra “Os Impresentables”, da compañía Tremoia. A función dará comezo ás 20,30 horas e o prezo das entradas é de 2 euros. “Os Impresentables” son un grupo de autores e creadores que queren revolucionar a arte e a cultura do século XXII (o XXI xa se lles quedou pequeño). E, para iso, investigan os límites, os extremos do que non se pode ou do que non se debe dicir… A representación, unha versión libre da obra de Tomás Afán, está dirixida por Luis Ramos e, o elenco, está integrado por Saínza Ruíz, Rubén Ferreira, Raúl Filgueira, Olaia Cachaza, Gonso Fernández e Noelia Beceiro.











