A clausura, peche e demolición da actual depuradora de Ourense realizarase cando entre en funcionamento a nova EDAR en Reza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Xunta de Goberno Local, deu conta, na súa xuntanza desta mañá, dos autos do xulgado Contencioso nº1 de Ourense, polos que se desestiman os recursos de reposición formulados por dúas particulares que solicitan a “execución forzosa inmediata da clausura, peche e demolición da depuradora de Reza”.

O Xulgado do Contencioso entende que “non resulta posible realizalo neste concreto momento”, polas razóns esgrimidas polos informes técnicos da “Sociedade Estatal de Augas das Cuncas do Norte, Acuanorte”, da Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense e da Confederación Hidrográfica Miño- Sil”, nos que esgrimen coma argumentos, que a clausura xeneraría que “legalmente puidera acometerse dano ecolóxico que podería catalogarse coma un delito penar ao permitir un verquido en continuo de grandes magnitudes durante un gran período de tempo”.

Así coma “un perxuízo sanitario” e a “necesidade de infraestrutura que a sustitúa”, polo que conclúe o Contencioso que existe “a imposibilidade de clausurar e demoler neste momento a EDAR de Reza, sen que previamente se poña en funcionamento outra infraestrutura de depuración alternativa”, xa que “se pechase, as augas residuais xeradas por unha poboación de máis de 100.000 habitantes e numerosas industrias, xerarían a mortandad da fauna e flora do río, así coma un grave risco sanitario, epidémico, para os habitantes dos termos municipais.

Con data de 18 de novembro de 2013 o mesmo Xulgado do contencioso aprobou un calendario de actuacións para o peche definitivo da antiga depuradora, obxecto de litixio, para que nun prazo máximo de 30 meses as actuacións de posta en marcha da nova infraestutura estaean rematadas e podase proceder á execución da sentencia.

28 de novembro de 2013 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.