A charla sobre o alzhéimer en Ribadumia conta xa con 50 inscritos
O Concello de Ribadumia acolle este xoves unha charla informativa sobre o alzhéimer organizada pola Deputación de Pontevedra e a Fundación Colegío Médico de Pontevedra. Xa son 50 os inscritos para este relatorio que se desenvolvera o xoves 21 de novembro, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura de Ribadumia.
O poñente será o xefe de Neuroloxía do Complexo Hospitalario de Pontevedra, Manuel Seijo e a súa duración estimada será de unha hora.
O elevado número de inscricións ven a confirmar a demanda de información especializada sobre cuestións relacionadas con esta demencia, sobre os síntomas e sobre as dificultades ás que teñen que enfrontarse os familiares dos pacientes. Actualmente na provincia padecen este problema ao redor de 15.000 persoas e, cada ano, detéctanse entre 700 e 800 novos casos.
O obxectivo é ofrecer información dada a importancia que ten o tratamento precoz para a evolución da enfermidade.
As inscricións poden facerse no Concello en horario de 8:00 a 15:00 ou na Concellería de Servizos Sociais no teléfono: 986 718 491











