A CEO acollerá unha xornada de “Criterios da Inspección de Traballo na loita contra a fraude”
O obxectivo da charla é dar a coñecer o problema da fraude laboral e a súa repercusión na economía, tanto a nivel provincial como nacional. Nesta xornada explicaranse con detalle os plans de choque que se están a levar a cabo para poñer freo a esta fraude, e as campañas provinciais realizadas en distintos sectores como hostalaría, construción, comercio ou transporte, entre outros.
Acto: Criterios da Inspección de Traballo na loita contra a fraude
Data: martes, 19 de novembro de 2013
Hora: 19.30 horas
Lugar: Confederación Empresarial de Ourense
Relatores:
Piar Sánchez Cuervo. Xefe da Inspección de Traballo e de Seguridade Social
Rocío de Frutos Madrazo. Inspectora de Traballo e Seguridade Social











