publicidade hoxe

A Casa da Xuventude de Ares acollerá un obradoiro de oratoria motivacional e couching

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAres
A-
A+

“Oratoria motivacional e couching. Librándonos do pensamento negativo” é o nome do obradoiro da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que, coa colaboración da OMIX de Ares, se desenvolverá na Casa da Xuventude o vindeiro día 16 (sábado).

As persoas interesadas en realizar esta actividade, que terá lugar entre as doce do mediodía e as dúas da tarde, deberán inscribirse previamente na propia Oficina Municipal de Información á Xuventude, situada na Alianza Aresana, ou chamando ao número de teléfono 981 448 057. Segundo informan dende o Concello, será necesario cubrir un mínimo de dez prazas para que o obradoiro se realice.

As persoas que acudan a esta iniciativa recibirán un diploma.

4 de novembro de 2013 | 11:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.