A Casa da Xuventude de Ares acollerá a mostra de “Man, o alemán de Camelle”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendario
A-
A+

O concelleiro de Cultura, o socialista Eugenio Fernández Lago, será o encargado de inaugurar o vindeiro luns, día 2 de decembro, a mostra itinerante “Man, o alemán de Camelle”, que promove a entidade cultural Fuco Buxán e a Fundación Man. Como informa o edil, a exposición recolle a obra artística, fotografías e textos de  Manfred Gnädinger, o  home que viviu durante corenta anos na costa de Camelle facendo esculturas e outros elementos artísticos cos materiais naturais que atopaba.

Como se lembrará, Man morreu aos 66 anos, tan so un mes e medio despois da catástrofe do Prestige (2002), deixando un profundo oco na Costa da Morte. Agora, Fuco Buxán, coa colaboración do Concello de Ares, pretende reivindicar a súa forma de vida e o seu legado artístico e de defensa do medio ambiente.

A mostra, que estará aberta ata o 10 de decembro, poderá visitarse en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00, de luns a venres, e de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00, as fins de semana.

29 de novembro de 2013 | 12:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.