A Casa da Cultura de Cambre albergará decenas de actividades na súa programación de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

Vila Concepción albergará decenas de actividades na súa programación de Nadal para todos os públicos. A concellaría de Cultura abre o prazo dende hoxe para inscribirse nas diversas actividades que terán lugar no mes de decembro na Casa dá Cultura. Entre as actividades propostas pola concellaría destacan o Taller de Adornos de feltro para nadal, o concerto de nadal para adultos, os Cuentacuentos infantís en inglés, o Concerto de Nadal para nenos e nenas, o Carteiro Real ou o Jumping Clay (creación artística en 2 e 3 Dimensións). As inscricións poderanse levar a cabo dende hoxe 22 de novembro ata o 2 decembro de 2013.

 Actividades

– obradoiro adornos de fieltro para nadal:

Elaboración de adornos do Nadal (bolas, estrelas, corazóns, campanillas…), utilizando a técnica do fieltrado a mán.

– Grupo de 10 persoas mínimo, 12 persoas máximo.

– Idades: a partir dos 15 anos.

– Duración: Días 9, 11, 16, 18 e 23 de decembro de 2013;  De 17 a 19 h.

– Imparte: taller de Artesanía Textil Belategui Regueiro de Cambre.

– Tarifa participantes: 12,50 euros en total.

– jumping clay (creación artística en 2 e 3 Dimensións):

Elaboración de adornos de Nadal cun novedoso material artístico co que se crea en 2 e 3D. Arcilla de cores de fácil manipulación, unha vez seco o produto non pesa, ten unha textura especial e bota.

-Grupo de 10 persoas, mínimo e máximo.

-Faranse dous grupos cada día por idade:

-1- Nenos nados entre o ano 2006 e 2009.

-2- Nenos nados entre o ano 2005 e 2001.

-Días: 1.- 27 de decembro de 2013; 2.-e 3 de xaneiro de 2014 (elixir un día, se hai prazas valeiras nun dos días un mesmo neno pode ir aos dous). De 17 a 18h.

-Imparte: Jumping clay.

-Tarifa participantes: 1,25 euros por neno e obradoiro.

Modelos da labor a realizar no obradoiro Jumping Clay

ACTOS:

– contacontos infantil en inglés de nadal:

Contacontos en Inglés relacionado co Nadal, ao remate da actuación os nenos debuxarán nun papel o personaxe/es que participaron no conto.

-Participantes: 60 en total. 20 mínimo (acompañados por un adulto, tres nenos máximo).

-Nados entre o 2007 e 2010: Día e hora: 26 de decembro ás 18 horas.

– Nados entre o 2003 e 2006: Día e hora: 23 de decembro ás 18 horas.

– Entrada de balde.

– concerto de nadal para nenos e nenas:

Quinteto de música de cámara, alumnado do Conservatorio Superior de Música da Coruña.

– Día: 22 de decembro ás 19 h.

-Prazas: 60 máximo. 20 mínimo(acompañados por un adulto, tres nenos máximo).

-Idades: Alumnado de E.Primaria e da ESO.

-Realizado por: Quintento Viento – Madera.

-Entrada de balde.

– concerto de nadal adultos carteiro real concerto de nadal para nenos e nenas contacontos infantil en inglés de nadal jumping clay (creación artística en 2 e 3 Dimensións) obradoiro adornos de fieltro para nadal

Quinteto de música de cámara, alumnado do Conservatorio Superior de Música da Coruña.

– Día: 20 de decembro ás 20 h.

-Prazas: 60 máximo. 20 mínimo.

-Realizado por: Quintento Viento – Madera.

– Entrada de balde. Para asistir a este acto non é necesario facer previamente a solicitude. Acceso libre ata completar aforo.

– carteiro real:

O carteiro real estará na Casa da Cultura os días 2 e 3 de xaneiro de 18 a 20 horas recollendo as cartas que os nenos e nenas de Cambre leven para entregar ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente.

22 de novembro de 2013 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.