A Canteira impulsa unha campaña solidaria de recollida de xoguetes, roupa e alimentos
De cara á época de Nadal, a Asociación A Canteira impulsa unha Campaña solidaria de recollida de xoguetes, roupa e alimentos non perecedoiros. Unha iniciativa que afronta por primeira vez e que conta co respaldo do Concello de Neda e a participación de diferentes entidades do Puntal –o Círculo Recreativo e Deportivo, a Asociación de Mulleres Rurais NasZocas e a formación musical “A culpa foi de Lolo”-. Todas elas turnaránse para atender as entregas solidarias que desexen facer veciños e veciñas. O punto de recollida será a recén inaugurada Casilla do Puntal, que servirá agora como escenario desta acción solidaria. ¿Días e horarios? Luns, mércores e venres, dende as 9 ata as 20 horas. Así mesmo, a campaña dará comezo este luns, 18 de novembro, e rematará o mércores, 18 de decembro.
O obxetivo desta iniciativa, segundo apuntan dende a Asociación A Canteira, pasa por contribuír na medida das súas posibilidades para que as familias con menos recursos do municipio de Neda poidan pasar as mellores Navidades posibles. É por isto que, unha vez conclúa a campaña, a entidade fará entrega das donacións de xoguetes, roupa e alimentos ao Departamento Municipal de Servizos Sociais que, á súa vez, distribuirá os productos e materiais aos fogares.
Por último, os promotores da iniciativa animan á veciñanza a colaborar nesta iniciativa solidaria coas súas achegas e recordan que pequenos xestos poden convertirse en grandes accións.











