A campaña “PMUS, barrio a barrio” desprázase á zona do campus universitario de Elviña
O Concello da Coruña, a través da área de Mobilidade que dirixe Begoña Freire, informa de que a campaña ‘PMUS, barrio a barrio’ estará mañá, mércores 13 de novembro, na zona do campus universitario de Elviña. O próximo xoves, día 14, estará no barrio de Labañou, na praza do Conservatorio.











