A campaña ‘PMUS, barrio a barrio’ chega á Sagrada Familia
O Concello da Coruña, a través da área de Mobilidade que dirixe Begoña Freire, informa de que a campaña ‘PMUS, barrio a barrio’ chegou hoxe martes, 26 de novembro, ao barrio da Sacra Familia. Mañá desprazarase ao parque infantil de Novo Mesoiro para recoller as suxestións dos veciños desta zona.
O horario será de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.











