A Biblioteca Nodal da Coruña recibe 145 quilos de alimentos para a súa campaña solidaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria entregoulle hoxe ao Banco de Alimentos Rías Altas os 145 quilos de comida reunidos pola Biblioteca Pública González Garcés da Coruña ao abeiro da campaña solidaria ‘Biblioteca quitapenas. Nós quitámosche as penas se ti llelas quitas a outros’. Os alimentos, doados polos usuarios e usuarias, fóronlle entregados esta mañá ao presidente do Banco de Alimentos Rías Altas, José Luis Castro, polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e pola directora da biblioteca nodal da Coruña, Mar Lauroba.

O centro bibliotecario da Coruña, xestionado pola Consellería de Cultura e Educación, sumouse a esta campaña o pasado 24 de outubro, Día Internacional das Bibliotecas, que promove a supresión de sancións aos usuarios e usuarias por atrasos na devolución de material en préstamo a cambio da doazón de alimentos, aínda que está aberto tamén a quen non teña ningunha penalización e queira colaborar coa causa.

Bibliotecas doutras comunidades autónomas participan nesta campaña solidaria, á que está previsto que se sume o próximo mes de decembro a Biblioteca Nodal de Lugo.

19 de novembro de 2013 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.