A biblioteca municipal de Ordes xa dispón dun blog propio
A biblioteca municipal de Ordes xa dispón de blog propio. www.bibliotecadeordes.blogspot.com.es posibilita que calquer persoa poida informarse sobre horarios, ubicación ou formas de contacto co centro e o seu persoal.
Outro aspecto que se pode consultar é a súa programación, xa estea dirixida a o público infantil, xuvenil ou adulto. Este é o caso dos clubes de lectura, narracións e contacontos, exposicións, xornadas temáticas, charlas e obradoiros, visitas guiadas para centros escolares ou narracións históricas. Na nova plataforma tamén se pode visualizar unha ampla galería de imaxes, así como unha hemeroteca para analizar o tratamento que os distintos medios de comunicación realizan das actividades levadas a cabo. Os usuarios tamén poderán acceder directamente á Rede de Bibliotecas de Galicia (http://www.opacmeiga.rbgalicia.org) para realizar calquera consulta sobre os fondos existentes nesta e noutras bibliotecas do territorio autonómico. No é este o único enlace de interés que aparece no blog, xa que tamén ofrece a posibilidade de acceder a outros puntos de interés como son a Biblioteca Dixital de Galicia (Galiciana), Real Academia da Lingua Galega, Real Academia da Lingua Española, Biblioteca Nacional Española, Biblioteca Dixital Europea, Biblioteca Dixital Mundial, ou coleccións de textos electrónicos, entre outros.











