A biblioteca municipal de Ordes realiza unha exposición con máis de 1.000 cómics
A biblioteca municipal de Ordes acolle estes días unha mostra sobre cómics, na que se poden ver máis de 1.000 exemplares entre obras clásicas, manga, temática para adultos ou de superhéroes entre outros. Ao longo desta semana varios centros académicos da zona realizaron visitas guiadas para ver as obras, as cales se poderán seguir contemplando ao longo dos vindeiros días.











