A Biblioteca Municipal de Ferrol acolle unha mostra bibliográfica sobre Albert Camus

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Cultura, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, informou hoxe sobre a mostra bibliográfica sobre o Premio Nobel, Albert Camus, que conmemora o centenario do nacemento do escritor francés. Esta exposición que inclúe unha selección da obra do autor está ubicada na Sala de Préstamo da Biblioteca Municipal, situada no 1º andar, e pode ser visitada de luns a venres de 09:00 a 21:00 horas.

Albert Camus representa a culminación do existencialismo na narrativa de ficción. Ten unha visión do destino humano como absurdo, o seu mellor expoñente quizais sexa a súa obra O estranxeiro. Na súa obra narrativa reflíctense as angustias e medos do home de mediados do século XX, por unha traxedia das proporcións da II Guerra Mundial. Camus ve algo positivo no home: a súa capacidade de superar os desastres con dignidade e a necesidade de compartir alegrías e medos con outros homes. As novelas de Albert Camus, escritas nun estilo directo, seco e vigoroso, presentan a esperanza e solidariedade humana como solución ao absurdo.

 

8 de novembro de 2013 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.