A Banda de Música de Ordes homenaxea aos antigos compoñentes e directivos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

A Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes celebrará mañá sábado unha homenaxe a todas as persoas que ao longo dos seus vinte e dous anos de existencia formaron parte desta formación.

O evento dará comenzo ás 12.30 horas na Casa da Cultura de Ordes, onde se ofrecerá un concerto co que tamén se pretende celebrar a festividade da patrona da música, Santa Cecilia, que se conmemora hoxe venres 22 de novembro. Seguidamente ás 13.15 horas farase entrega dunha serie de diplomas e galardóns a antigos compoñentes, músicos, directivos, profesores e directores. A continuación terá lugar un xantar de confraternidade na carpa que se instalará no Campo da Feira da vila ordense, onde tamén se realizará unha quenda de sorteos na que os asistentes poderán gañar dende un lote de productos típicos da zona ata unha actuación da banda de música na data e evento que elixa o agraciado.

Xa chegada a tardiña procederase co último dos actos previstos. Trátase dun concerto ao que poderán unirse os antigos componentes que así o desexen, ademais dunha foliada a cargo de distintas formacións musicais da zona.

22 de novembro de 2013 | 12:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.