A asociación veciñal mosense Nosa Terra de Pereiras celebra a súa Semana Cultural ata o 21 de decembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras inicia hoxe a súa xa tradicional Semana Cultural, que este ano se prolongará dende esta tarde ata o día 21 de decembro. Todas as actividades celebraranse no Local Social Os Castros.

Mañá sábado, día 30 de novembro, ás 18.00 horas impartirase un curso de repostería para nenos titulado ‘Os meus primeiros pasos na cociña con Thermomix’. Ás 21.30 horas dará comezo o V Certame de Corais coa participación do Coro Polifónico de Entenza Salceda de Caselas, a Coral Polifónica Vila Dauga de Cenlle Ourense e a Coral Polifónica Nosa Terra de Pereiras. Tras o certame, e a partir das 22.30 horas, a compañía Osiris Teatro de Salceda de Caselas interpretará a obra Old Saybrook de Woody Allen.

O domingo día 1 de decembro a parir das 18.00 horas da tarde haberá un gran sorteo de premios e a proxección da película infantil Monsters University.

29 de novembro de 2013 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.