A asociación Senunpeso proxecta o filme “Piedad”, de Otto Roca, en Vedra
A sesión será mañá venres 15 de novembro ás 21.00 h na Casa Sociocultural de Vedra “Piedad” ten como protagonista a unha muller de 76 anos con Alzheimer que abandona a soidade da súa aldea polo contraste de vivir cos fillos na cidade. A mostra celébrase os terceiros venres de mes, desde outubro ata xaneiro: as próximas proxeccións serán “Morreu o demo, acabouse a peseta” e “N-VI”.











