A Asociación Radiotaxi da Coruña presenta as súas necesidades á delegada provincial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
A delegada na reunión co representante de Radiotaxi

A delegada na reunión co representante de Radiotaxi

A delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co presidente da Asociación Radiotaxi, Leopoldo Villa, co fin de abordar a situación pola que atravesa o sector e recoller a súas propostas para mellorar a súa competitividade.

O encontro forma parte da rolda de contactos que ven mantendo Do Campo cos representantes do taxi para mellorar a colaboración que as dúas centrais que operan na cidade da Coruña e a súa área de influencia –Tele Taxi e Radiotaxi- manteñen coa Administración autonómica, en concreto no eido da Xustiza, con traslados de xuíces e fiscais, de funcionarios para as labores de notificacións xudiciais ou de forenses pertencentes ao Imelga, fundamentalmente.

Neste senso, a máxima representante do Goberno galego na provincia ofreceulle ao colectivo todo o diálogo e colaboración do seu departamento co fin de acadar o máximo consenso posible, que redunde, en definitiva, nun incremento da eficiencia na xestión dos recursos públicos e na optimización da atención que actualmente se ofrece desde o Goberno galego aos cidadáns.

13 de novembro de 2013 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.