A Asociación Provincial de Amas de Casa recoñece a labor das amas de casa de Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

Vinteseis mulleres de Neda, que levan como socias da Asociación de Amas de Casa a lo menos 25 anos, recibiron o pasado venres unha merecida homenaxe por parte da Asociación Provincial de Amas de Casa. Foi no transcurso da celebración do Día da Amizade que, tradicionalmente, celebra a entidade. Nesta ocasión, na cidade herculina. O programa incluíu un oficio relixioso na Igrexa de Santo Domingo e unha comida multitudinaria nun céntrico establecemento hosteleiro. No transcurso do acto, a Asociación Provincial recoñeceu coa entrega dunha placa o valor, coraxe e solidariedade dos veciños de Angrois. Tras este emotivo acto, agasallou ás vinteseis veciñas de Neda cun pergamino conmemorativo, que recibiron da man do alcalde da localidade, Ignacio Cabezón, tamén presente na cita xunto coa concelleira de Turismo, Montse Rico.

A Asociación de Amas de Casa de Neda constituiuse no ano 1984, co que o vindeiro 2014 cumprirán tres décadas de vida. A súa primeira presidenta foi Montserrat Beceiro Yáñez, car-go que ostenta na actualidade Fina Costa Loureiro, tras ostentar outras responsabilidades na entidade.

11 de novembro de 2013 | 11:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.