A asociación Nosa Terra de Pereiras organiza unha andaina nocturna

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras organiza unha andaina nocturna que terá lugar o sábado 23 de novembro. A saída será ás 19.00 horas da tarde dende o Local Social Os Castros para proceder á camiñata ó longo do roteiro que transcorre polo Sendeiro dos Muíños da Salgueira.

Os participantes deberán levar cada un a súa propia lanterna. Ó remate da andaina celebrarase un magosto que será amenizado musicalmente polo Grupo de Gaitas de Herville.

20 de novembro de 2013 | 12:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.