A Asociación Néboa Medio Ambiente de Neda inaugura unha exposición sobre o Río Belelle

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A Asociación Néboa Medio Ambiente inaugura no día de hoxe unha exposición baixo o título Río Belelle: Río de Luz e de Historia na Casa das Palmeiras de Neda. Unha mostra que o público poderá visitar ata o vindeiro día 22 de novembro de luns a domingo (de 17 a 20 horas de luns a sábado e de 11 a 13 h sábados e domingos). A entrada é libre e gratuíta. Así mesmo, o sábado 16 a asociación convida á veciñanza a un acto de presentación que terá lugar sobre as 18:30 horas, no que explicarán polo miúdo o contido da exposición.

Unha exposición que recolle os traballos en torno á riqueza medio ambiental do río Belelle realizados ao longo destes últimos anos polos socios de Néboa e tamén polos nenos e nenas de entre seis e doce anos que forman parte do club infantil Chuvieira. Este club leva a cabo diferentes actividades de educación ambiental centradas no coñecemento do entorno, na mellora e custodia do territorio e no fomento de cambio de hábitos de consumo cotiás por costumes máis respetuosas co medio ambiente.

Para iso organiza diversas saídas ao medio, prantacións de árbores autóctonas, limpezas de ríos e ribeiras, vixiancia do río Belelle a través da participación no Proxecto Ríos, eliminación de especies invasoras…. e, cando as condicións impiden o traballo no exterior, diversas actividades de artesanía, aproveitando material de refugallo, relacionadas co tema medioambiental.

Unha mostra única que permanecerá a disposición do público ata o vindeiro 22 de novembro.

11 de novembro de 2013 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.