A Asociación Emigrantes Retornados Ulla Umia reunirase con deputados no Parlamento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaPontevedra
A-
A+

O vindeiro luns día 11 de novembro ás 13:00 horas unha representación da Asociación de Emigrantes Retornados Ulla Umia acudirá ao Parlamento de Galicia onde manterán unha reunión cos deputados do Partido Popular Pedro Puy Fraga e Aurelio Núñez Centeno. Esta xuntanza, na que tamén participarán as plataformas de O Morrazo, Costa da Morte e Órdenes, é parte da ronda de entrevistas que se están a realizar con todas as Administracións Públicas e Grupos Políticos para transmitirlle a súa problemática en canto a tributación das pensións recibidas de cotizacións en países estranxeiros e para demandarlle que insten a Axencia Tributaria a que peche de oficio os expedientes abertos e se devolvan os intereses e as sancións xa pagadas, que non inicie máis expedientes sancionadores e que se proceda a modificar a lexislación vixente no relativo as rentas xeradas no extranxeiro e que esta modificación teña carácter retroactivo.

8 de novembro de 2013 | 13:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.