A asociación de Empresarios de Redondela celebra asemblea para elixir á xunta directiva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRedondela
A-
A+

Este mércores día 13 de novembro ás 20:30h,en primeira convocatoria, e ás 21:00h en segunda convocatoria,se celebra na sede da Asociación de Empresarios de Redondela unha Asemblea Xeral Extraordinaria para a elección dunha nova Xunta Directiva.

Os tres últimos mandatos, presididos por D. José Antonio Gómez, supuxeron importantes logros para a entidade, aínda que moitas das demandas de entón seguen hoxe sendo as mesmas. O Plan Xeral e o Polígono Industrial ou a supresión da peaxe de Rande son as eternas reivindicacións que o colectivodemanda sen achar ata o momento o respaldo e o compromiso político necesarios para a súa consecución.

Destaca, sen dúbida, o papel que a entidade xogou no terreo da dinamización comercial, situando o centro urbano de Redondela entre os mellores centro Comerciais Abertos de Galicia. Son moitos os proxectos e actuacións desenvolvidas dende que no ano 2004 alcanzara este recoñecemento pola Xunta de Galicia e dende entón seguiu apostando de forma decidida pola dinamización do pequeno comercio desenvolvendo campañas, actividades e eventos tan importantes como a Feira de Oportunidades.

A hostalaría tamén foi un sector protagonista de moitas dos proxectos desenvolvidos nos últimos anos baixo o mandato deesta directiva, o seu compromiso co sector fíxoos traballar pola implicación do propio sector na toma de decisións despois de alcanzar tal obxectivo coa recente constitución dunha Comisión de hostalaría dentro da estrutura da entidade, ao igual que se fixo no seu momento co sector comercial. A comisión integrada por hostaleiros de todos os subsectores de actividade (restaurantes, bares, cafetarías e locais de ocio nocturno)logrará, sen dúbida, mellorar actividades que se veñen realizando así como promover novos instrumentos de mellora para o sector. A recuperación por parte da Asociación de Empresarios dun papel activo na organización da Festa do Choco, nacida no seo da propia entidade, nos últimos dous anos e a consecución do recoñecemento da festa como Festa de Interese turístico neste ano supoñen un respaldo á xestión realizada por asociación. A ruta do pincho que en só dúas edicións conta cunha ampla participación de hostaleiros e clientes son aspectos axudan a realizar un gratificante balance do traballo realizado pola Asociación nesta materia.

Pero nos últimos anos a Asociación non só achegou valor aos seus asociados, prestando servizos ou negociando, por exemplo, unha ampla gama de convenios cuxos beneficios económicos compensan sobradamente as cotas dos asociados, senón que traballou por achegar valor á sociedade en xeral traballando en materias como a formación tanto para traballadores desempregados coma para autónomos e traballadores en activo, prestando servizos de orientación laboral ou de asesoramento a emprendedores.

Lograr unha maior implicación e participación dos asociados nas reunionesha sido sempre un obxectivo difícil de cumprir xa que ser empresarios é un traballo “a tempo completo” ao que se suman as responsabilidades familiaresno sempre doadas de conciliar. Aínda que ata o momento non se presentasen candidaturas a directiva en funcións confía en contar cunha ampla participación dos asociadosy sumar novos integrantes con ganas de formar parte activa dos órganos de goberno da entidade.

12 de novembro de 2013 | 11:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.