A Asociación Cultural das Angustias de Nigrán celebra o seu XXV aniversario

XXV aniversario da Asociación Cultural As Angustias
A Asociación Cultural das Angustias celebrou este domingo o seu XXV aniversario nun acto presidido polo alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, e o presidente da asociación, Moisés Valverde. Contou ademais coa presenza do presidente doutros centros culturais de Nigrán. Ao longo deste, as 82 persoas que dende a súa fundación e durante os últimos 25 anos colaboraron na construción e mantemento da asociación recibiron un diploma conmemorativo. Tras a entrega destas distincións, alcalde e presidente descubriron unha praza conmemorativa do XXV aniversario, antes de oficiarse unha misa en honor ás persoas que colaboraron na posta en marcha da a.C As Angustias xa falecidas.











