A asamblea xeral da Asociación de Empresarios de Redondela relixe a José Antonio Gómez como presidente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRedondela
A-
A+

A Asemblea Xeral reelixe a José Antonio Gómez como presidente. Así mesmo a Asemblea Xeral acorda que dous membros, preferentemente mulleres, da comisión de comercio cuxa xuntanza se celebra hoxe ás 20:45h, se integren na xunta directiva. Esta proposta tamén se fará extensiva á Comisión de Hostalaría.

Ata a incorporación destes novos integrantes a Xunta directiva da Asociación de Empresarios queda constituída polos seguintes membros:

– Presidente: José Antonio Gómez Pérez.
– Vicepresidente: Juan Rodríguez Rivas
– Secretario: Ramón Rodríguez Moreira
– Tesoureiro: JoséBenitoAcosta Álvarez
– Vogais:
– EusebioOchoa López
– Jorge Fernández González
– Jose Carlos RodriguezVillamarín
– José Santos Dubra
– José González Abal

A primeira tarefa fixada por esta xunta directiva é ter un encontro co Alcalde de Redondela ao obxecto de abordar os seguintes temas:

– Estado de elaboración do Plan Xeral de Ordenación Urbana.
– Proxectos de Solo industrial.
– Eliminación da Peaxe de Rande.
– Dinamización Comercial: centro comercial aberto e praza de abastos
– Taxas, impostos e licenzas.
– Colaboración institucional.

14 de novembro de 2013 | 10:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.