A Anpa dos Tilos inaugura un grafiti que ocupa a parede do patio cuberto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

A ANPA Cobas, do CEIP dos Tilos, inaugura mañá un grafiti realizado na parede do patio cuberto do centro escolar. A directiva da asociación de pais e nais fixo no curso pasado un concurso de ideas para cubrir este espazo e dese xeito humanizalo.

Unha vez rematado o proceso do concurso de ideas e o traballo artístico propiamente dito queren presentalo publicamente. No acto estará a directiva da ANPA, a dirección do centro ademais de profesorado e alumnado do colexio. O alcalde de Teo, Martiño Noriega e a concelleira de Educación, María Álvarez Garea, tamén acompañarán á comunidade escolar nesta presentación.

12 de novembro de 2013 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.