publicidade hoxe

A Alianza aresana acolle unha charla-coloquio sobre o cancro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAres
A-
A+

O salón de actos da Alianza Aresana acolle o venres, día 8, unha conferencia sobre o cancro, que organiza a Concellaría de Servizos Sociais, que dirixe a edila socialista Victoria Monetenegro.

“Diagnosticáronme cancro. Que podo facer para estar mellor?” é o título da charla-coloquio, que será impartida polo médico de familia do centro de saúde local Fernando Malo García e polo licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, José Antonio Barcia Tuccelli. Moderará a actividade Montenegro.

Esta actividade é aberta á participación de toda a cidadanía.

6 de novembro de 2013 | 13:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.