publicidade hoxe

A actividade de dinamización lingüística “Acuario” chega ao Concello da Bola

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA BolaCalendario
A-
A+

No Salón Social situado no baixo do Concello de A Bola a partir das 12.30 horas. O espectáculo teatral está baseado no libro de poemas da ceense María Canosa. A proposta enmárcase no programa FalaRedes da Xunta de Galicia.

O Concello de A Bola acollerá o Domingo 17 de novembro a actividade denominada Acuario, unha proposta dirixida ao público infantil que ten por obxectivo esencial a promoción da lectura entre @s nen@s.

Acuario é un espectáculo teatral baseado no libro de poemas do mesmo título da ceense María Canosa, escritora e dinamizadora cultural galega de referencia que tamén é coñecida pola súa participación nos programas da Televisión de Galicia Cifras e letras e Verbas van xunto a Jorge Mira e Paco Lodeiro.

Contarase coa presenza da propia María Canosa, ademais de tres actores da compañía Teatro dos Ghazafellos: Pepablo Patiño, Montse Piñón e Jorge Casas.

A actividade Acuario está incluída no programa Falaredes 2013 que impulsa a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia . O Concello de A Bola acollerá este espectáculo ao estar adherido á Rede de Dinamización Lingüística.

Non se require de inscrición previa e a asistencia é gratuíta para o público.

6 de novembro de 2013 | 13:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.