53 cativos participaron na xornada de Ocioteca de Cervo esta fin de semana

Participantes na sesión de Ocioteca en Cervo
A Ocioteca celebrada este sábado en Cervo contou coa participación de 53 nenos e nenas de infantil e primaria divididos en dous grupos segundo a idade. Unha actividade que nesta ocasión consistiu nun taller de cociña no que os asistentes elaboraron canapés e pizzas que despois levaron para casa.
Lembrar tamén que esta tarde terá lugar unha charla contra a violencia de xénero (19 horas, Casa da Cultura) e mañá arrinca o curso de defensa persoal de tres días de duración no que hai unha quincena de mulleres apuntadas. De 20 a 21 horas no Ecomuseo de Cervo. Ambas actividades incluídas na Semana en contra da violencia de xénero.











