400 persoas participan na II Andaina contra a Violencia de Xénero do Consorcio das Mariñas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaArteixo
A-
A+
Participantes na andaina solidaria

Participantes na andaina solidaria

O Consorcio As Mariñas celebrou na mañá de hoxe a II Andaina contra a violencia de xénero que con motivo do día internacional contra a violencia de xénero. Desenvolveuse polo paseo fluvial de Arteixo, a partir das 10:30 horas, cun percorrido de 5 quilómetros. Os nove Concellos que conforman o ente supramunicipal reuniron na actividade a 400 persoas. Desta forma conséguese un incremento da  participación (o ano pasado a primeira edición congregara a 300 cidadáns).

Entre os asistentes atopáronse numerosos representantes dos nove Concellos: o presidente do Consorcio, José Antonio Santiso; o director do Plan Coordinador de Servizos Sociais, Ignacio Crespo; a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez; o alcalde de Carral, José Luis Fernández
Mouriño; así como concelleiros de todas as corporacións. Ás 10:30 horas produciuse a saída da andaina dende a Oficina de Turismo de Arteixo e transcorreu polo Paseo Fluvial ata á ponte dos Brozos e Loureda. Durante o percorrido houbo un avituallamento no que colabora Gadis.

Sobre ás 12:00 horas finalizou cun pequeno acto no anfiteatro que hai no paseo. Tras a interpretación da cantante Silvia Penide, o presidente do Consorcio tomou a palabra para agradecer aos participación a súa “implicación” para amosar publicamente unha “enérxica repulsa” a toda forma de violencia de xénero.

“Non será posible una convivencia libre desta forma de violencia ata que a igualdade entre xéneros non sexa solo un discurso, senón que sexa unha actitude, que estea totalmente interiorizada no noso pensamento e no noso comportamento no día a día”, afirmou Santiso. “Isto solo é posible se o construímos entre todas e todos nós, rexeitando, na nosa vida diaria, calquera forma de discriminación, con actitudes  respectuosas, sen comentarios cargados de estereotipos que marcan e inician o camiño da desigualdade”, agregou.

O presidente invitou aos asistentes a sumarse ao Pacto Local contra a Violencia de Xénero que están a promover os 9 Concellos do Consorcio. Este documento aspira a ser unha potente ferramenta de sensibilización e mobilización en contra da violencia de xénero e pola igualdade,
ás que se espera que se sumen nas próximas datas entidades deportivas, culturais, asociacións veciñais, centros educativos, centros de saúde, tecido empresarial… O clube deportivo “Luz Verde” colaborou no desenvolvemento do percorrido da andaina e o Clube de Calceta elaborou distintos materiais de sensibilización que portaron os participantes.

23 de novembro de 2013 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.