publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

400 alumnos de Rábade coñecen a riqueza medioambiental da provincia lucense co Barco Muralla

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoRábade
A-
A+

O Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Álvaro Santos Ramos, visitou o Barco Muralla que esta semana recalou en Rábade para amosarlles ós 400 rapaces dos centros escolares desta localidade toda a riqueza natural da provincia.

Esta aula medioambiental percorre a xeografía lucense informando da biodiversidade da provincia. Durante os días de semana recibe a escolares con actividades adecuadas á súa idade e obradoiros de concienciación medioambiental. Esta semana, durante o mércores e o xoves, o Barco Muralla achegarase ata Vilaba. Situarase nas inmediacións do IES Santiago Basanta, onde atenderá a outros 800 escolares.

Coa chegada do curso escolar, a Deputación ofrece a todos os colexios da provincia a posibilidade de contar con esta iniciativa que desenvolve actividades programadas especificamente para alumnos dende infantil ata 6º de primaria. Nos vindeiros meses, o Barco Muralla visitará outros 25 colexios en distintos puntos de toda a provincia, dando a coñecer o patrimonio natural lucense a polo menos outros 10.000 rapaces.

Durante as fins de semana, a iniciativa recala en localidades nas que se celebran festas e citas turísticas, aproveitando a afluencia de público para difundir a riqueza medioambiental lucense e colaborar cos concellos na organización de actividades lúdicas. No que vai de ano, máis de 15.000 persoas pasaron por esta instalación que leva, no seu percorrido pola provincia, dous símbolos de Lugo, a muralla romana e máis a Mariña, gran descoñecida para moitos rapaces do interior.

5 de novembro de 2013 | 13:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.