255 xóvenes de Gondomar participarán na campaña “Faite Ver”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarXuventude
A-
A+

O vindeiro luns, 25 de novembro, dará comezo a III Campaña de Educación Vial  Faite Ver, promovida pola concellaría de Xuventude do Concello de Gondomar en colaboración coa Concellaría de Tráfico e Seguridade Cidadá.

O obxectivo desta campaña é o de concienciar a ciclistas e peóns de que eles tamén son parte da circulación, e polo tanto tamén deben de seguir unha serie de normas. Para isto informaráselles dunha serie de coñecementos, destrezas e actitudes necesarias para circular correctamente pola vía, ademais de advertir do uso dos elementos reflectantes (para facerse ver) en situacións adversas.

Nesta III campaña participarán 255 alumnos/as dos catro centros de Educación Primaria do Concello de Gondomar , así como, dos dous centros de Educación Secundaria.

Esta iniciativa leva funcionando anualmente dende o 2011 e desde entón un total de 900 mozos e mozas participaron nestas campañas que buscan aportar os coñecementos necesarios para que, tanto peóns como ciclistas, eviten situacións de risco e non cheguen a padecer as consecuencias dun accidente de tráfico.

22 de novembro de 2013 | 12:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.