20 nenos mosenses reciben as axudas municipais para o comedor escolar
Onte foi aprobada en Xunta de Goberno Local a concesión de axudas municipais do Concello de Mos para o uso do servizo de comedor escolar para o curso 2013/2014 que promove a concellería de Educación mosense dirixida pola edil Kely Monzón.
Das 25 familias solicitantes desta axuda, foilles concedida a un total de 13 núcleos familiares que suman 20 nenos e nenas beneficiarios. 8 destes cativos estudian no Colexio Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos, 6 fanno no de Atín, 4 son alumnos do de Petelos, 1 do CEIP Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda e1 do Pena de Francia.
A maioría dos cativos beneficiarios da axuda, un total de 16, son alumnos e alumnas de Educación Primaria, mentres que os 4 restantes cursan Educación Infantil. No Colexio de Castro-Mos os becados coa axuda de comedor escolar son 2 de 6º curso de Educación Primaria, 1 de 5º de Primaria, 1 de 4º de Primaria, 1 de 2º de Primaria, 1 de 1º de Primaria, 1 de 6º de Infantil, e 1 de 4º de Infantil. No CEIP de Atín reciben axuda para comedor 2 alumnos de 1º curso de Primaria, outros 2 de 3º de Primaria, 1 de 6º de Primaria e 1 de 1º curso de Educación Infantil. No caso do Colexio de Petelos os 4 estudiantes beneficiarios desta axuda son cada un dun curso de Educación Primaria: 1º, 2º, 3º, e 5º, respectivamente. O neno becado con axuda para comedor escolar no Colexio de Sanguiñeda é alumno de 5º de Infantil e o do Pena de Francia de 3º de Primaria.
O total do orzamento existente para estas axudas ascende a 5.000 euros. Cada neno subvencionado recibe un euro diario a descontar do prezo do menú do comedor dende o mes de setembro de 2013 a xuño de 2014. Puideron acollerse a esta subvención as familias do alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil e Educación Primaria dos cinco colexios públicos da localidade mosense. Para optar á axuda tanto o solicitante da mesma coma o alumno usuario do comedor escolar en cuesión debían estar empadroados no Concello de Mos e a unidade familiar non debía de superar no ano 2012 os ingresos de 12.780,24 euros no caso de estar integrada por dous membros, 19.170,36 euros con tres membros, 25.560,48 euros con catro membros e 31.950,60 euros con cinco membros.











