156 parellas participarán no cuarto Máster Nacional de Mus en Ourense
A concelleira de Turismo e Voluntariado, Mónica Vázquez, o presidente e vicepresidente da Asociación Cultural Museiros de Ourense, Antonio Losada e Gonzalo Baladrón, e Moncho Bouzo, da Xunta directiva do Máster, presentaron esta mañá no Salón de Plenos o IV Máster Nacional de Mus, que se celebrará este fin de semana na nosa cidade.
O campionato, no que están acreditadas 146 parellas, congregará aos mellores xogadores de mus de toda España, que previamente tiveron que obter o dereito a disputalo a través doutras competicións. Celebrarase no Liceo de Ourense entre o venres 20 e o domingo 1 de decembro, día no que unha comida e unha entrega de premios porán fin ao fin de semana de competición.
Paralelamente ás particidas, haberá unha actuación folclore-tradicional, unha visita guiada pola cidade, visita a Ribadavia, percorrido pola zona de viños da cidade e unha notie de termas en Outariz.
A participación de case 150 parellas supera con crece aos participantes das tres edicións anteriores, celebradas en Guadalajara, Valencia e Ciudad Real, e que reuniron a unhas cen parellas.
O programa completo é o seguinte:
Día 29 de Novembro (venres):
19,00 h. Acto presentación e recepción de participantes.
20:00 h. Ágape de benvida.
21,00 h. Fin da inscrición e sorteo de parellas.
21:30 h. Inicio do Campionato. Xóganse 3 partidas (1ª (0), 2ª (0) e 3ª (23)). (Previsión de parellas eliminadas)
02,30 h. Finaliza a competición do día.
Día 30 de Novembro (sábado):
10,00 h. Continuación do torneo. 3 partidas máis (4ª (48), 5ª (76) e 6ª (99)).
12:00 h. Visita guiada por Ourense Histórico e Termal.
15:00 h. Comida libre para participantes
16:30 h. Saída en autobús, visita pola Ribadavia Medieval e percorrido guiado co enólogo das adegas Viña Costeira e cata posterior.
17,00 h. Continuación do torneo. 3 partidas máis (7ª (117), 8ª (129) e 9ª (138)).
22,00 h. Percorrido libre de pinchos polos viños.
23:00 h. Noite nas Termas da Chavasqueira.
23,00 h. Continuación do torneo. 3 partidas máis (10ª (142), 11ª (145) e 12ª (146)).
03,30 h. Finaliza a competición do día.
Día 1 de Decembro (domingo):
10 h. Continuación do torneo. Outras 3 roldas se fose necesario.
12:00 h. Actuación do mago Ituiño no Liceo (invitados os socios).
14 h. Comida e proclamación de CAMPIÓNS do MÁSTER NACIONAL DE MUS 2013 con entrega de premios.











