publicidade hoxe

150 nenos do CEIP San Xoán de Becerreá visitaron o Barco Muralla da Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBecerreáLugo
A-
A+

Os Deputados Provinciais Manuel Martínez e José Luis Raposo recibiron este luns o Barco Muralla da Deputación que recalou en Becerreá para amosar ós rapaces do CEIP San Xoán toda a riqueza natural da provincia. Os escolares realizan en esta aula actividades adecuadas á súa idade e obradoiros de concienciación medioambiental. Ademais, o barco achega dous símbolos da provincia como é a Muralla Romana e a Mariña Lucense.

O Barco Muralla continuará o seu percorrido esta semana trasladándose ata o concello de Castro de Rei , onde o visitarán os escolares do CEIP Veleiro do Campo. Dende que comezou o curso escolar o barco percorre os colexios da provincia e preto de 2.000 escolares dunha ducia de centros visitaron as súas instalacións.

25 de novembro de 2013 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.