12 xóvenes da provincia farán practicas no Concello de Marín
12 mozos estanse a formar no Concello de Marín, en diferentes departamentos, 2 en xardíns, 2 en Deportes, 2 en tesoreria, 1 en urbanismo, 1 en intervención, 1 en secretaria, 1 co enxeñeiro municipal, 1 na biblioteca e 1 en informática. O seu labor é a de colaborar cos funcionarios nas tarefas propias do posto, e así se formar de cara á súa incorporación ao mundo laboral.
Durante todo o ano, o Concello vén colaborando con varias entidades co fin de proporcionar a moitos jovenes tanto as prácticas que lle son necesarias para a obtención de titulos, coma a de proporcionar ese primeiro emprego que lles sirva para entrar no mercado laboral.
8 deles veñen a través do plan de emprego de bolsas laborais da Deputación, son titulados universitarios e ciclos superiores de FP, sen experiencia laboral previa e menores de 35 anos.
Aínda que algúns rematasen en xaneiro as súas prácticas outros estarán ata xuño de 2014.
O Concello quere mostrar así tanto o seu interese en axudar aos jovenes como trasladar a completa satisfacción con estes mozos que veñen a desenvolver o seu traballo con enorme motivación e aos que dende o Concello se lles presta toda a axuda necesaria.
Así mesmo existen varias empresas de Marín que solicitaron adherirse ao Plan de Prácticas que dirixido ás empresas puxo en marcha a Deputación Provincial de Pontevedra, co obxectivo de poder dar unha primeira opción laboral a aqueles titulados que sexan convenientes para o obxecto empresarial das mesmas e cuxa selección se levará a cabo pola Deputación de Pontevedra.
CONTRATACIÓN DE 23 TRABALLADORES
Ademais deste Plan e a através de dúas subvencións diferentes contratáronse no concello de Marín 2 Oficiais de obras públicas e 4 peóns de obras públicas seleccionados a través dunhas probas das persoas que enviaron do INEM con este labor.
No día de mañá terá lugar lña selección de 12 peóns máis que celebrarán as súas probas ante o Tribunal nomeado ao efecto e seleccionaranse en virtude do listado de persoas desempregadas que facilitou a oficina de emprego.
Posteriormente levarase a cabo tamén a selección de conserxes do mesmo modo e con cargo ás Bases que para a súa selección foron aprobadas e cuxas probas as realizará o Tribunal que foi nomeado.
Sabemos das dificultades de encontrar traballo que existen e queremos contribuír dende as administracións a poder xerar algúns postos na medida das posibilidades que un concello como o de Marín ten, para iso fixéronse esforzos económicos con axuda da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra orientado a oficios e a dar a primeira oportnidad aos que rematan os seus estudos.











